A Illa de Irlanda é polo seu tamaño a terceira illa de Europa e a vixésima do mundo. Atópase ao noroeste da Europa continental, no lado occidental do Mar de Irlanda, ao oeste da illa de Gran Bretaña, e atópase rodeada por centenares de illas menores e illotes. Dous países posúen soberanía sobre a illa, a República de Irlanda, un país independente, que ocupa aproximadamente cinco sextas partes da illa, e Irlanda do Norte, unha rexión administrativa do Reino Unido, que ocupa a sexta parte restante, no extremo nororiental da illa.
Un leprechaun (en irlandés: leipreachán) é unha criatura fantástica propia da mitoloxía irlandesa. Adóitase representar como un home pequeno con barba, que leva un abrigo e un sombreiro, e que gosta de facer trasnadas. Segundo a cultura popular os leprechauns son criaturas solitarias que fan e remendan zapatos e que posúen unha pota de ouro ao final do arco da vella. Se son capturados por un ser humano teñen o poder máxico de conceder tres desexos a cambio da súa liberdade. Ao igual que acontece con outras criaturas fantásticas de Irlanda, os leprechauns están relacionados cos Tuatha Dé Danann.
As representacións modernas dos leprechauns baséanse en gran medida en caricaturas e estereotipos despectivos dos irlandeses do século XIX.
Os leprechauns tiñan orixinalmente unha aparencia diferente dependendo do lugar de Irlanda no que se atopasen e antes do século XX dicíase que vestían de vermello e non de verde. De acordo con David Russell McAnally (1888), "mide tres pés de alto e viste unha pequena chaquetavermella. Leva pantalóns vermellos cunha fibela en cada xeonllo, medias grises ou negras e un sombreiro bicorne, do estilo de hai un século, sobre unha face pequena, vella e murcha".
O leprechaun está relacionado co clurichaun e co far darrig, que tamén son descritos como criaturas solitarias na mitoloxía irlandesa. O trasno da mitoloxía galega tamén presenta semellanzas co leprechaun, pois é anano, gosta das falcatruadas e adoita vestir de vermello.
Atópase a 30 km ao oeste de Belfast e mide un máximo 30 km de longo e 15 km de ancho. Con 392 km² é décimo quinto lago de auga doce por superficie da Unión Europea e o trixésimo primeiro de Europa. A pesar do seu tamaño é moi pouco profundo, xa que a súa profundidade media é de tan só 12 metros e a máxima de 25 metros.
Na súa xuventude foi cantante de ópera, mais é principalmente coñecida polo seu traballo como actriz en numerosos filmes de aventuras e western, nos que adoitaba interpretar papeis de heroínas independentes e apaixoadas. En 2014 recibiu un Oscar Honorífico en recoñecemento á súa traxectoria.
Falaba irlandés con fluidez, chegando mesmo a utilizalo en filmes como The Long Gray Line, The Quiet Man e Only the Lonely.