Saltar ao contido

Internet Explorer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Internet Explorer, tamén coñecido como IE ou MSIE, é un navegador web de Internet gratuíto producido por Microsoft para a súa plataforma Windows e, máis tarde, para Apple Macintosh. Creado en 1995, despois da adquisición por parte de Microsoft do código fonte de Mosaic, un navegador desenvolto por Spyglass. O navegador foi renomeado como Internet Explorer, para competir con Netscape.

Versións

[editar | editar a fonte]

Internet Explorer 1

[editar | editar a fonte]

Internet Explorer 1 foi publicado en agosto de 1995, foi unha versión modificada de Spyglass Mosaic. Chegou con Microsoft Plus! para Windows 95. Instálase como parte da Internet en Jumpstart Kit Plus!. A versión 1.5 lanzouse varios meses máis tarde para Windows NT e engade soporte para a prestación básica de mesa. O equipo de Internet Explorer iniciouse con aproximadamente media ducia de persoas no desenvolvemento temperán.

Internet Explorer 2

[editar | editar a fonte]

Internet Explorer 2.0 foi lanzado para Windows 95, Windows NT 3.5, NT 4.0 no novembro de 1995 (tras un 2.0 beta en outubro). Destacouse o soporte para SSL, cookies, VRML, RSA, e grupos de noticias de Internet. A versión 2 foi tamén a primeira versión para Windows 3.1 e Macintosh System 7.0.1 (PPC o 68k), aínda que a versión para Mac non lanzárase ata xaneiro do 1996 para o PPC, e en abril para o de 68k. A Versión 2.1 para Macintosh saíu en agosto de 1996, aínda que por esta vez estábase Windows 3.0. A versión 2 incluíuse en Windows 95 OSR 1 e de Microsoft Internet Starter Kit de Windows 95 a principios de 1996. Iniciouse con doce idiomas, incluíndo Inglés, pero esta ampliación a 24, 20, e 9 para Win 95, Win e Mac 3.1 respectivamente empezouse no abril de 1996.

Internet Explorer para Macintosh

[editar | editar a fonte]

A versión para Macintosh de Internet Explorer foi o resultado dun acordo por 5 anos entre Apple e Microsoft alcanzado en 1997, polo que sería distribuído como parte de Mac OS, sendo o seu navegador por defecto. As súas primeiras versións baseábanse no mesmo código base que a versión para Windows; pero ambas versións foron diverxendo, chegando a utilizarse un motor de visualización distinto a partir da versión 5 (o motor Tasman). Nas súas últimas versións, chegou a ser máis avanzado ca versión de entón para Windows, tendo un soporte maior de estándares de W3C en canto a HTML e CSS, ofrecendo á vez modos de compatibilidade con Internet Explorer para Windows.

Na última versión maior saíu o 27 de marzo do 2000, aínda que posteriormente saíron pequenas actualizacións e parches. En xuño do 2003, unha vez finalizado o acordo, Microsoft anunciou o abandono definitivo do desenvolvemento desta versión, que deixou de incluírse en Mac OS a partir de Mac OS X 10.4 "Tiger" (que saíu o 29 de abril de 2005). O soporte técnico acabou o 31 de decembro de 2005, deixando de estar dispoñible para a súa descarga o 31 de xaneiro de 2006.

Apple substituíu nos seus sistemas operativos ó IE polo seu propio navegador, Safari, sendo este o navegador recomendado a partir de entón por Microsoft para Mac OS.

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]

Historial de lanzamentos de Internet Explorer (os Services Packs non están incluídos):

Lenda:
Versión obsoleta Versión actual Versión futura
Versión maior Versión menor Data de lanzamento Cambios significativos Incluído en
Versión 1 1.0 agosto de 1995 Versión inicial. Pack Plus! para Windows 95
1.5 xaneiro de 1996 descoñecidos
Versión 2 2.0 Beta outubro de 1995 Compatibilidad con táboas en HTML e outros elementos.
2.0 novembro de 1995 SSL, cookies, VRML, e grupos de noticias en Internet. Windows NT 4.0
2.01 descoñecida Corrección de erros.
Versión 3 3.0 Alpha 1 marzo de 1996 Compatibilidade mellorada con táboas en HTML, marcos e outros elementos.
3.0 Alpha 2 maio de 1996 Compatibilidade con VBScript e JScript.
3.0 Beta 2 xullo de 1996 Compatibilidade con CSS e Java.
3.0 agosto de 1996 Lanzamento final. Windows 95 OSR2
3.01 outubro de 1996 Corrección de erros.
3.02 marzo de 1997[1] Corrección de erros.
3.03 descoñecida Corrección de erros.
Versión 4 4.0 Beta 1 abril de 1997 Compatibilidade mellorada con CSS e Microsoft DOM.
4.0 Beta 2 xullo de 1997 Compatibilidade mellorada con HTML e CSS.
4.0 setembro de 1997 Compatibilidade mellorada con HTML e CSS. Windows 95 OSR 2.5
4.01 novembro de 1997 Corrección de erros. Windows 98
Versión 5 5.0 Beta 1 xuño de 1998 Compatibilidade con máis características de CSS 2.
5.0 Beta 2 novembro de 1998 Compatibilidade con texto bidireccional, XML/XSL e máis características de CSS.
5.0 marzo de 1999 Lanzamento final. Windows 98 SE
5.01 novembro de 1999 Corrección de erros. Windows 2000
5.5 Beta 1 decembro de 1999 Compatibilidad con máis características de CSS. Cambios menores en compatibilidade con marcos.
5.5 xullo de 2000 Lanzamento final. Última versión para Windows 95. Windows Me
Versión 6 6.0 Beta 9 marzo de 2001 Compatibilidad mellorada con CSS e corrección de erros para cumprir cos estándares da W3C.
6.0 27 de agosto de 2001 Lanzamento final. Windows XP
6.0 SP1 9 de setembro de 2002 Parches de corrección de vulnerabilidades. Última versión para versións de Windows anteriores a XP. Windows XP SP1
6.0 SP2 25 de agosto de 2004 Parches de corrección de vulnerabilidades. Bloqueo de ventás emerxentes e controis ActiveX. Administrador de complementos. Windows XP SP2
Versión 7 7.0 Beta 1 27 de xullo de 2005 Compatibilidade con gradiente alfa en imaxes PNG. Corrección de erros en CSS. Navegación por lapelas. Windows Vista Beta 1
7.0 Beta 2 Preview 31 de xaneiro de 2006 Corrección de erros en CSS. Integración con tecnoloxía RSS. Nova interface. Lapelas rápidas.
7.0 Beta 2 25 de abril de 2006 Características completas. Corrección de erros en CSS. Correccións en compatibilidade entre aplicacións.
7.0 Beta 3 29 de xuño de 2006 Corrección de erros en CSS.
7.0 RC 1 24 de agosto de 2006 Melloras en funcionamento, estabilidade, seguridade, compatibilidade entre aplicacións e axustes finais a CSS.
7.0 18 de outubro de 2006 Lanzamento final e actual en 2007. Windows Vista e Windows XP Service Pack 2
Versión 8 8.0 Beta 1 5 de marzo de 2008 Lanzamento previo e actual en 2008. Actividades, WebSlices, Barra de favoritos, Recuperación automática en caso de bloqueo, Filtro Mellorado antiphising Windows Vista e Windows XP Service Pack 2
8.0 19 de marzo de 2009 Lanzamento final. Windows XP SP 2 e 3,Windows Vista e Windows 7
Versión 9 9.0
  1. Knowledge Base Q164475, non dispoñible en liña.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]