Saltar ao contido

Cosacos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A resposta dos Cosacos de Zaporozhia ó sultán Mehmed IV de Turquía. Pintado por Ilya Repin entre 1880 e 1891.

Cosaco (en ruso: каза́к, tr.: kazak, plural: казаки; en ucraíno: козак) refírese a unha persoa pertencente ó antigo pobo nómade, guerreiro por excelencia e grande amante da liberdade que se estableceu de forma permanente nas estepas do sur do que é actualmente Rusia e Ucraína aproximadamente no século X. Os cosacos foron coñecidos pola súa destreza militar e a súa confianza en si mesmos. O nome deriva posiblemente da palabra turca quzzaq, "aventureiro", "home ceibe". Este termo menciónase por primeira vez nun documento ruteno que data de 1395.

Cosaco é o nome común compartido de forma independente por varios grupos de poboación e unidades militares ó longo da historia de Europa Oriental e dos territorios próximos. O grupo principal e máis numeroso é o dos cosacos ucraínos (Козаки) e o dos cosacos rusos (Казаки) dos ríos Don, Kubán, Terek, Ural, respectivamente. Algo menos coñecidos son os cosacos polacos (Kozacy) e os cosacos tártaros (Nağaybäklär).

Algúns representantes deste pobo chegaron a ser grandes comandantes militares, escritores, poetas, historiadores, enxeñeiros, artistas e científicos.

O nome "cosaco" non se debe confundir cos casacos (naturais de Casaquistán, país en Asia Central). En lingua nativa de Casaquistán ós orixinarios deste chámanos Kazáj: Kazajo).

Os cosacos rusos participaron de forma importante na colonización de Siberia. A mediados do século XVII, os cosacos rusos acadaron a costa do océano Pacífico.

Os cosacos ucraínos formaron o estado dos Cosacos de Zaporozhia en 1649. Considéraselles os proxenitores da moderna nación ucraína.

En 1670, o cosaco do Don Stenka Razin proclamou a República Cosaca na cidade de Astrakán, á beira do río Volga, preto da súa desembocadura no mar Caspio. Xunto co anterior decreto a abolición da escravitude, o principio de igualdade e a fin dos privilexios en territorios desta República Cosaca.

Os cosacos do Don formaron o Estado Cosaco del Don en Rusia. Durante a época do Imperio Ruso uníronse ós cosacos do Don numerosos servos rusos que fuxían dos seus amos. Porén, os cosacos do Don e de Kubán foron unhas das principais forzas de resistencia contra os bolxeviques durante a guerra civil rusa.

Na mesma época e tras a caída do Imperio Ruso (en maio de 1918), cosacos do Don liderados polo seu ataman, Piotr Nikolaevich Krasnov, novamente tentaron formar unha República Cosaca Independente en unión cos cosacos de Kubán. A república incluía 10 provincias coa capital na cidade de Novocherkassk, co esquema administrativo-político dun estado federal independente.

As tradicións, cultura e a comunidade mesma cosaca na súa maioría foron expostos ó exterminiona época da Unión Soviética, especialmente entre os anos 1922 e 1945, e na actualidade atópanse nun proceso de rexurdimento.

Consonte ó censo oficial da Federación de Rusia do ano 2002, por primeira vez despois do censo do ano 1897, máis de 140.000 persoas de ambos os sexos (0,1% do total da poboación) en Rusia en forma aberta indicaron a súa nacionalidade como cosaca, residentes e cidadáns de Rusia.

A gran maioría da comunidade cosaca está concentrada en rexións de Volgograd e de Rostov, 108.140 del total. Outros 21.444 cosacos son residentes do Krai de Krasnodar e da rexión de Stavropol. 3.223 cosacos están repartidos entre a República Karachay-Cherkessia e República Osetia do Norte. Máis de 1.000 cosacos son residentes de Moscova. O resto da comunidade cosaca está distribuída ó longo e ancho da Federación de Rusia dende o mar Báltico ata as costas do océano Pacífico. Independentemente do anterior e segundo distintas estatísticas, preto de 10 000 000 de persoas de ambos os sexos en Rusia, en Ucraína actual e no exterior considéranse a si mesmos como cosacos de orixe ou descendentes directos destes.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

Os cosacos eran antigamente nómades ou seminómades, etnicamente son eslavos, na actualidade fundamentalmente residentes en territorios de Rusia e de Ucraína. Algunhas comunidades atópanse no territorio de Casaquistán (cosacos de Ural e Semirechinskie). Antes vivían principalmente nas estepas entre o Mar Negro e mar Caspio, tamén nas montañas do Cáucaso. Co patrocinio do Imperio Ruso, o pobo cosaco participou activamente na colonización de Siberia, conquistando extensos territorios dende os montes Urais ata o océano Pacífico, os montes Altái en Siberia, as estepas de Asia Central e tamén establecéndose nas costas do río Ussuri.

Os núcleos principais da poboación cosaca atópanse nas rexións dos ríos Don e Kubán, e reciben o nome de cosacos do Don e de Kubán, respectivamente. Na actualidade existen once comunidades cosacas tradicionais nos territorios do ex-Imperio Ruso e ex-Unión Soviética. A maioría destas concéntranse en territorios da actual Federación Rusa. Os cosacos orixinarios destas rexións reciben o nome respectivo - cosaco de Terek etc. Cada unha destas rexións conta coa autoridade administrativa local cosaca. Ademais existen organizacións cosacas en Moscova e San Petersburgo con representacións da súa rexión específica:

1. Rexión de Don
2. Rexión de Kubán
3. Rexión de Terek
4. Rexión de Astrakán
5. Rexión de Ural
6. Rexión de Orenburg
7. Rexión de Semirechie
8. Rexión de Siberia
9. Rexión de Transbaikal
10. Rexión de Amur
11. Rexión de Ussuri

O último censo efectuado antes de 1917 indicaba que a poboación cosaca en Rusia contaba con máis de 4 000 000 persoas de ambos sexos, repartidos principalmente por rexións fronteirizos do sur de Rusia. A partir do ano 1920 iniciouse a persecución sistemática, represalias e execucións en masa do pobo cosaco, desatado polo Partido Comunista de Rusia - máis de dous terzos da poboación cosaca foron exterminados soamente nos primeiros 10 anos do goberno soviético. Un gran número dos cosacos foron forzados a emigrar e agora son residentes doutros países, como Francia, Alemaña, Bélxica, Estados Unidos, Canadá, Australia, Arxentina, Chile e moitos outros. Moitos destes emigrantes manteñen estreita relación coas comunidades cosacas en Rusia. Algúns, como no caso dos cosacos residentes en Nova Jersey (Estados Unidos de América), manteñen museos e bibliotecas nacionais cosacos, destinados a preservar o patrimonio cultural, tradicional e histórico do seu pobo.

Orixes dos cosacos

[editar | editar a fonte]

Séculos I-III

[editar | editar a fonte]

Os cosacos son un pobo formado a comezos da Nosa Era (I-III ddC) como resultado de conexións xenéticas entre tribos de Turan dos escitas (Kos-Saka ou Ka-Saka) e os eslavos maeotae-xázaros de Azov con mestura algunha de asos-alanos ou tanaisos (do río Don). Escrituras de antigos historiadores e xeógrafos xunto cos datos de arqueoloxía permiten establecer en forma relativamente exacta a época e o lugar da primeira mención do pobo cosaco polo seu nome orixinal, como así tamén os constantes procesos de mutacións tribais nómades en formación do pobo cosaco e inicio da lingua eslava. Desde os tempos de antigüidade, varios séculos atrás e ata o día de hoxe, a pronunciación e a forma de escribir o nome "cosacos" en distintas fontes sufriu cambios mínimos. Orixinalmente os gregos escribían o nome deste pobo como Kossajos. Así, un xeógrafo de entón chamado Estrabón describe ós antepasados cosacos como "un pobo aguerrido, localizado en montañas precaucasicas". 3 ou 4 séculos despois, o nome "cosacos" pódese atopar en escrituras tanaisos, descubertas e estudadas por V.V.Latishev. A variante en grego "kasacos" mantívose ata o século X; despois os escribas rusos comezan a mesturalo con nomes de orixe caucásico: Kasagos, Kasogos, Kazag. A escritura orixinal en grego do nome "kossajos" entréganos dous elementos deste: "kos" e "sajos", dúas palabras que significan en lingua dos escitas "saxos brancos". Segundo os escitas, o nome desta tribo ("saxos") ten o mesmo significado que a palabra escita "saka", por iso o posterior modo grego de escribir "kasakos", moi parecida á forma actual, pódese considerar como variante do nome anterior. É evidente que o cambio de elemento "kos" por "kas" ten motivos netamente acústicos (fonéticos), as particularidades de pronunciación e sentido de oído de distintos pobos. Esta diferenza mantense ata agora (Kazák, Kozák en distintas rexións de Rusia e de Ucraína actual). "Kossaka", ademais de "saxos brancos" ten outro significado escita-iraniano: "renos brancos".

Séculos III-IX

[editar | editar a fonte]

Dende os tempos antigos e ata o día de hoxe a vida dos Cosacos sempre foi relacionada coa rexión noroeste de Escitia Asiática. Os desprazamentos dos seus devanceiros no período migratorio temperán foron marcados por "kurgáns", un montículo (túmulo) de terra en forma piramidal de grandes dimensións sobre o lugar dun entierro dos membros dunha tribo, soterrados xunto a un cabalo. Estes "kurgáns" (túmulos) indican as primeiras migracións nos séculos III-II a. C. dende a zona precaucasica ó Cáucaso Norte, onde as súas tribos paulatinamente adoptaron un estilo de vida asentado, adaptándose ó estilo de vida dos Eslavos Meotidos (Maeotae) ("Severos" - segundo Plinio e "Suvaros" - por Tolomeo). Como resultado dese proceso, coñecido en arqueoloxía como "infiltración dos Sármatas ó ambiente dos Meotos (Maeotae), no Norte do Cáucaso e no río Don aparece un pobo específico - mestura de tipo eslavo-turanio, dividido en varias tribos, coñecidos polos nomes de Toretos, Torpetos, Torkos, Udzos, Berenzheros, Sirakos, Bradas-Brodnicos (Brodnici) e outros. No século V, posterior á invasión dos hunos, a maioría deles atopouse entre os ríos Volga e Yaik (actualmente, río Ural), a onde xunto con eles "chegaron" os peculiares "kurgans". Algúns chegaron ata as chairas nas ribeiras do río Don, lugar onde historiadores árabes do século VIII atoparon ós Sacalibos e cen anos despois os persas - ós Brados-Brodnicos (Brodnici). Os asentados representantes desas tribos, permanecendo no Cáucaso, obedecían ós Hunos, Búlgaros, Xázaros e Asam-Alanos, no reino dos cales a rexión de Azov e Tamañ tiña por nome Terra dos Kasak ("Gudud Al Alem" de Abu Hamid al-Garnati). Ó pasar o tempo e despois da predica apostólica do Santo Kirilo (Santo Cyril- esp., Saint Cyril- ing., Святой Кирилл- rus.) entre estas tribos definitivamente tomou posicións predominantes o cristianismo (aproximadamente para o ano 860). Uns 30-40 anos máis tarde, cumprindo as ordes militares do Kagan dos Xázaros, os Kassakos do Volga (Udzos e Torkos) expulsaron ós Pechenegos dos territorios do río Volga e os obrigaron a retirarse cruzando os ríos Donets e Dnepr. Durante esa forzada retirada parte dos Pechenegos obedeceron ós Kassakos de Volga (Udzos e Torkos) e xunto con eles se instalaron no río Don Baixo.

En todos estes territorios - Azov e Don, para aquel entón xa falaban en dialectos eslavos. Isto foi ben coñecido polos gregos, testemuño de cales deu a razón ó autor de Rossiyskij Chet´i Miney para determinar que o pobo de Azov "os gregos os chaman kozaros; os romanos os nomeaban por gazaros, e sinalan que é un pobo dos skifos, de lingua eslava, o país dos cales está nas proximidades do lago Meotico" (por Rigelman). O tipo antropolóxico cosaco e forma de falar cosaca formáronse no ambiente do dominio dos eslavos de Azov, pero ata o día de hoxe os cosacos manteñen o parecer físico dos turanos, moitas palabras turanas e a súa fraseoloxía. Con razón ata hai pouco a lingua, pronunciación e en boa parte a fraseoloxía cosaca foi considerada como eslava-tártara.

O mesmo se pode dicir sobre os Brodnikos (Brodnici) de Podonsk. Os estudos e análises antropolóxicos de antigas sepulturas na rexión do río Don do principio do Período de Sarkel amosan que xa moito antes estes pobos foron mixtos. Trátase daquel pobo mixto que os arqueólogos modernos supoñen que eran Brodnikos (V.V.Ginzburg, M.I.A. 109; M.A.Artamonov, M.I.A. 62). De acordo á opinión común e sen lugar a dúbidas - os Brodnikos (Brodnici) son devanceiros dos Cosacos de Don. Mencionan sobre a súa existencia uns mapas xeograficos persas do século X (elaboradas por Abu Hamid al-Garnati, con descricións na súa obra "Gudud Al Alem") onde no Don medio os devanceiros cosacos están sinalados co nome Brads ata o século XI incluído e posteriormente aquel nome en todos os documentos foi cambiado polo nome común - Cosacos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]